From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Nacional de Fútbol Americano (tamén coñecida como LNFA), é a máxima competición española de Fútbol americano a nivel de clubs. A competición comeza en xaneiro e remata en xuño.
A LNFA se comezou a disputar no ano 1995, despois dalgúns anos levándose a cabo con éxito a Liga Catalá de Fútbol Americano. Na tempada 2010, o campionato estivo composto por 15 equipos divididos en 3 "conferencias", chamadas Conferencia Española (cos 5 mellores equipos do ano anterior), Conferencia Nacional (cos 5 seguintes mellores equipos do ano anterior), e Conferencia Hispánica. Durante a tempada regular cada equipo disputou 8 encontros, 2 fronte a cada equipo da súa mesma conferencia. Ó remate desta tempada regular, leváronse a cabo as eliminatorias polo título. Estes play offs se disputaron a un encontro. Nos cuartos de final se enfrontaron o 1º clasificado da Conferencia Hispánica fronte ó 3º da Conferencia Española, e o 1º clasificado da Conferencia Nacional fronte ó 4º da Conferencia Española. Mentres, os 2 mellores equipos da Conferencia Española, xa agardaban rival nas semifinais.
Na tempada 2011 o formato tivo algún cambio, así, tan só os 6 mellores equipos de España poden loitar polo título de liga. A competición de 6 equipos mantívose até 2017.
LNFA Serie A - Grupo 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A máxima categoría do fútbol americano español mudou de formato na tempada 2018. O número de equipos participantes medrou de 6 a 15, divididos en tres grupos por criterios xeográficos.
Durante a fase de liga regular cada equipo disputará oito encontros, dous contra cada rival do seu propio grupo, e terá dúas xornadas de descanso, completándose un total de dez xornada de liga regular. Deste xeito, en cada xornada se disputarán seis encontros (dous por grupo) e haberá tres equipos descansando (un por grupo). Esta fase comezará o 13 de xaneiro de 2018, e rematará o 15 de abril.
Ó remate da liga regular establecerase unha clasificación conxunta dos tres grupos. Nela, os doce primeiros equipos da táboa xogarán as eliminatorias polo título, e os tres últimos xogarán as eliminatorias de descenso de categoría.
Na loita polo título os catro mellores da clasificación conxunta estarán exentos da primeira rolda de eliminatorias. Os restantes equipos disputarán entre eles unha eliminatoria (28/29 de abril) previa ós cuartos de final do seguinte xeito:
Os cuartos de final levaranse a cabo o 5/6 de maio:
As semifinais serán o 19/20 de maio:
A final celebrarase o 2/3 de xuño.
Por outra banda, as eliminatorias polo descenso serán entre o 5/6 de maio e o 9/10 de xuño. Dos tres equipos da Serie A participantes un descenderá, outro promocionará e outro manterá a categoría. Primeira eliminatoria:
Segunda eliminatoria:
A terceira eliminatoria:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.