organización terrorista do independentismo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Armada Galega foi unha organización terrorista galega que atentou o 24 de agosto de 1978 contra dous policías en Vigo que resultaron feridos.[1] O día 26 de agosto un grupo atracou unha sucursal do Banco del Noroeste[2] e o 28 dese mesmo mes reivindicou o asasinato dun Garda Civil en Santiago de Compostela,[3] se ben posteriormente o GRAPO reivindicou a autoría e acusou á LAG de ser un «invento».[4]
Liga Armada Galega | |
---|---|
Tipo | organización armada |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo |
Data de fundación | 1978 |
Data de disolución | 1980 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Porén, o grupo aínda levou a cabo algunhas accións, cesando a súa actividade trala detención, o 1 de setembro de 1980, de catorce persoas vinculadas ao nacionalismo galego aos cales se acusou de pertencer á LAG.[5] Varios dos detidos foron condenados a prisión.[6]
O grupo musical Siniestro Total menciona esta organización nun dos seus temas máis emblemáticos, Miña terra galega.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.