From Wikipedia, the free encyclopedia
O Libro dos Xuíces é un libro do Antigo Testamento e do hebreo Tanach, pertencente ao grupo dos Libros Históricos. Na Biblia sitúase entre o Libro de Xosué e o Libro de Rut.
Xuíces | |
---|---|
Título orixinal | ספר שופטים, Sefer Shoftim |
Precedido por | Xosué |
Seguido por | Libro de Rut |
[ editar datos en Wikidata ] |
Presentan os Xuíces ou Libertadores que salvaron ao pobo da escravitude, despois de liberalos gobernaron. Nos tempos dos Xuíces, Israel está completamente desorganizado, as súas institucións aínda están sen definir e numerosos poderes ameázano.
Dado que esta intervención se deixa exclusivamente á vontade do Divino, os xuíces aparecen e desaparecen a intervalos irregulares na historia hebrea.
Ningún xuíz chegou a ser xefe supremo porque a súa función non é conseguir a unidade senón resolver un problema concreto: a unificación definitiva terá que esperar aos Reis
O contexto histórico no que se desenvolve este libro abrangue o tempo desde a morte de Xosué até a monarquía, durante a cal o pobo de Israel vive en Canaán.
O Libro dos Xuíces narra o período que vai desde a morte de Xosué até o nacemento de Samuel, un tempo no que os xudeus abandonaron a súa vida nómade e acaban de establecerse como semi-sedentarios primeiro e campesiños despois, vivindo en casas materiais ou cabanas. de adobe Aínda que Xuíces non segue un plan fixo e ben estruturado, en liñas xerais pódense distinguir as seguintes partes:
Os xuíces que gobernaron Israel mencionados no Libro son 14 en total:
O libro enteiro pretende ser unha demostración teolóxica de que a infidelidade a Deus foi a causa de todos os males de Israel. Pero El é misericordioso, e compensa a impiedade do pobo coa chegada dos xuíces. Cando o hebreo peca e, polo tanto, cae na escravitude, Deus envíalle un libertador. Pero tempo despois aquel hebreo volveu caer en malas accións, co que se repetía o ciclo e facía falta outro líder liberador. YHVH non renega da Alianza co seu pobo nin nunca lle dá as costas. Deus é fiel.
Porén, permite que xurdan situacións conflitivas, porque o pobo ten que demostrar a súa fidelidade. Este trazo fai que os Xuíces se parezan ao libro do profeta Oseas .
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libro dos Xuíces |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Libro dos Xuíces |
A Galicitas posúe citas sobre: Libro dos Xuíces |
Libro anterior: Libro de Xosué |
Xuíces ( Libros históricos ) |
Libro seguinte: Libro de Rut |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.