From Wikipedia, the free encyclopedia
O Libro de Daniel, é considerado tradicionalmente como un libro profético da Biblia, aínda que é unha obra que abrangue diversos xéneros literarios: a historia, a literatura apocalíptica, o relato con fondo moral, moitas veces próximo á caricatura do estranxeiro.
O libro de Daniel é un caso único na Biblia, en canto que é o único escrito -na versión máis longa aceptada como canónica polos cristiáns- nos tres idiomas da Biblia: hebreo, arameo e grego:
Podemos entender que os fragmentos en grego son adicións posteriores, escritas xa orixinalmente nesa lingua. A combinación de arameo e hebreo pódese deber á unión de dúas coleccións distintas de relatos, aínda que tampouco se pode descartar que parte do que hoxe lemos en hebreo fose, en realidade, unha tradución dun orixinal arameo, por exemplo, o inicio do libro.
En calquera caso, a cuestión do idioma é chave para poder falar do autor, a estrutura e a canonicidade do libro.
Tradicionalmente, e como se tiña por costume, atribuíselle o libro a quen aparece como autor: Daniel, xudeu desterrado en Babilonia nos tempos do rei Xaquín, en verbas do propio libro. Unha análise crítica do libro pode axudar a achegarnos ao tema da autoría do libro:
Todo apunta a que estamos diante dun libro que tivo un proceso de composición bastante complexo, é dicir, para chegar ao texto que coñecemos, houbo moitos textos e materiais dos que se partiu, distintos redactores, materiais de distintas castes, desde crónicas oficiais ata relatos populares, e uns redactores posteriores que puxeron unha orde e, baixo o nome de Daniel, lle deron certa coherencia ao libro.
Para poder precisar cal foi o autor, ou autores, do libro temos primeiro que falar da personaxe de Daniel e do proceso de composición, que nos vai permitir centrar autor e data.
O profeta Ezequiel, fala dun Daniel, como home sabio. Tamén hai autores que relacionan a este Daniel co protagonista de escrito babilónico de D’nil.
En calquera caso, poderiamos falar dunha personaxe histórica dos tempos do exilio, que colleu sona pola súa sabedoría e a súa capacidade para interpretar os soños –o que nós entenderiamos como capacidade de penetración psicolóxica- , unha sona que continuou espallándose entre as xeracións posteriores do pobo israelita, ata convertelo nunha personaxe novelesca, protagonista de múltiples relatos.
Os distintos relatos sobre Daniel, que se contaban de pais a fillos, foron tomando corpo ata converterse en sagas que acabaron postas por escrito.
Posteriormente, e nunha primeira fase, uníronse os relatos en linguas hebrea e aramea (as dúas primeiras partes do libro).
Máis tarde, incorporáronse os relatos gregos de temática máis popular, que forman a última parte do libro.
O proceso final de composición do libro, que o deixou tal como o coñecemos, debeu producirse na época da dominación seléucida, no século II antes de Cristo. Que é ata onde chegan as visións de contido histórico, como a coñecida do xigante cos pés de barro.
A división máis aceptada presenta un libro dividido nunha introdución e tres seccións, que coinciden, en xeral, cos tres idiomas nos que está escrito.
Seccións do libro | Contido | |||||||
Capítulo 1. Introdución | Presentación do autor e do contexto do libro. | |||||||
Capítulos 2-7. Primeira sección narrativa | Capítulo 2: soño de Nabucodonosor Capítulo 3: a estatua de Nabucodonosor Capítulos 4 e 5: o destino de Nabucodonosor e da súa dinastía Capítulo 6: O rei Darío e Daniel Capítulo 7: soño de Daniel | |||||||
Capítulos 8 a 12. Sección apocalíptica | Capítulo 8: visión do carneiro e o castrón Capítulo 9: visión das setenta semanas Capítulos 10 a 12: visión dos tempos derradeiros | |||||||
Capítulos 13 e 14. Segunda sección narrativa | Capítulo 13: relato da "Casta Susana" Capítulo 14,1-22: Os sacerdotes de Bel Capítulo 14,23-32: Daniel e o dragón | |||||||
A sección que pecha o libro na súa versión católica, é un texto deuterocanónico. Incorporouse serodiamente ao canon bíblico e só a admiten como inspirado os católicos.
Son 3 relatos con sabor popular e incluso cun certo ton de caricatura. Os relatos seguen sempre un mesmo esquema: a inxustiza e a mentira quedan en evidancia e os culpables son castigados grazas á sabedoría de Daniel o a protección que Deus presta sempre aos seus.
A referencia máis importante no Novo Testamento é a que os Evanxeos fan a Daniel 7,13: "Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ao ancián e presentouse diante del. O título de "fillo de home" aparece repetidamente nos Evanxeos, posto en boca de Xesús, que se define a si mesmo con ese termo. Deixando claro, iso si, que os evanxelistas prescinden do senso orixinal do termo para convertelo en título mesiánico referido a Xesús.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libro de Daniel |
Libro anterior: Ezequiel |
Daniel (Libros proféticos) |
Libro seguinte: Oseas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.