From Wikipedia, the free encyclopedia
Liberato Marcial Rojas Cabral , nado en Asunción o 17 de agosto de 1870 e finado en Montevideo o 22 de agosto de 1922, exerceu a presidencia provisoria da República de Paraguai entre o 5 de xullo de 1911 e o 28 de febreiro de 1912.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1870 Asunción, Paraguai |
Morte | 22 de agosto de 1922 (52 anos) Montevideo, Uruguai |
Presidente de Paraguai | |
5 de xullo de 1911 – 28 de febreiro de 1912 ← Albino Jara – Pedro Pablo Peña (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta, político |
Partido político | Partido Liberal Radical Autêntico (pt) |
Designado polo Congreso, gobernou nun período de revoltas políticas. Unha sublevación militar obrigouno a renunciar, pero foi reposto tres días despois. O resto do seu goberno transcorreu no medio de convulsións políticas, sendo obrigado novamente a renunciar en febreiro de 1912.
Durante o seu goberno adquiriuse a casa Patri para residencia presidencial (actual Dirección Xeral de Correos); creouse a Xunta Fiscalizadora para a emisión de billetes, e faleceu o expresidente Bernardino Caballero.
Casado con Susana Dores Silva, tivo 3 fillos. Faleceu en Montevideo, Uruguai, o 22 de agosto de 1922.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.