![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Desembocadura_do_r%25C3%25ADo_Grande_na_r%25C3%25ADa_de_Ribadeo.jpg/640px-Desembocadura_do_r%25C3%25ADo_Grande_na_r%25C3%25ADa_de_Ribadeo.jpg&w=640&q=50)
Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón
liña de ferrocarril entre Galicia e Asturias / From Wikipedia, the free encyclopedia
A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Desembocadura_do_r%C3%ADo_Grande_na_r%C3%ADa_de_Ribadeo.jpg/640px-Desembocadura_do_r%C3%ADo_Grande_na_r%C3%ADa_de_Ribadeo.jpg)
![Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, vista dende a ponte da LU-P-5207.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Estaci%C3%B3n_de_ferrocarril_de_Ribadeo%2C_li%C3%B1a_de_ferrocarril_de_v%C3%ADa_estreita_Ferrol-Xix%C3%B3n.jpg/640px-Estaci%C3%B3n_de_ferrocarril_de_Ribadeo%2C_li%C3%B1a_de_ferrocarril_de_v%C3%ADa_estreita_Ferrol-Xix%C3%B3n.jpg)
Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz[1].
Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cudillero. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.[2]