moeda oficial de Romanía From Wikipedia, the free encyclopedia
O leu romanés (en plural lei) é a moeda oficial de Romanía, onde se utiliza dende a fundación do Banco Nacional de Romanía en 1880. Un leu está dividido en 100 bani (en singular ban). O código ISO 4217 do actual leu romanés é RON e do antigo (antes do 1 de xullo de 2005) ROL.
Leu romanés | |
---|---|
Leu en romanés | |
Código: | RON |
Ámbito: | Romanía |
Símbolo: | |
Fracción: | 100 bani |
Moedas: | 1, 5, 10, 50 bani |
Billetes: | 1, 5, 10, 50, 100, 200, 500 RON |
Emisor: | Banco Nacional de Romanía |
Taxa de troco: 15-2-2014 | 1 EUR = 4,49 RON 1 USD = 3,28 RON |
No século XVII, nos estados romaneses utilizábase como moeda o thaler neerlandés (löwenthaler), moeda na que aparecía un león, polo que se utilizaba popularmente a palabra lei (plural de león en romanés) para denominar ao diñeiro, denominación que permaneceu despois de que se deixase de utilizar o thaler.
Dende o 1 de xullo de 2005, entrou en circulación o novo leu (RON) que substitúe ao antigo (ROL), equivalendo 1 leu novo a 10.000 lei "antigos". Os "novos" lei coexistiron até o 31 de decembro de 2006 cos billetes e moedas do leu "antigo" (entre paréntese a súa equivalencia co novo leu):
Descrición dos billetes en circulación legal:
A Galipedia ten un portal sobre: Romanía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.