Lesión cerebral
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha lesión cerebral ou dano cerebral implica a destrución ou dexeneración de células cerebrais. As lesións cerebrais poden darse por mor de diversos factores internos e externos. O tipo de lesión máis común co que se sofre un maior número de lesións é o traumatismo cranioencefálico (TCE) seguido dun trauma físico ou traumatismo cranial xerado por un axente externo. O termo dano cerebral adquirido (DCA) utilízase adecuadamente neste ámbito para diferenciar as lesións cerebrais que se dan despois do parto, daquelas relacionadas con algunha doenza xenética ou algunha doenza conxénita.[1]
En xeral, cando falamos de dano cerebral referímonos a unha afectación pronunciada producida por un traumatismo, mentres que cando falamos de neurotoxicidade referímonos normalmente a unha afectación neuronal inducida quimicamente.