A edelweiss[1], Leontopodium alpinum, en lingua alemá tamén grafado coma Edelweiß (pronunciado: "edelvais") é unha planta da familia Asteraceae. Trátase dunha flor que medra en pequenos grupos nas pradeiras alpinas e rochedos de altura dos cordais europeos, de non máis de 10 cm de altura, con brácteas grosas, carnosas e cubertas dunha camada fina de peluxe, cunha cor branca e tonalidades averdadas ou amarelentas.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Edelweiss
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Gnaphalieae
Xénero: Leontopodium
Especie: L. alpinum
Nome binomial
'Leontopodium alpinum'
Cass., 1822
Pechar

Distribición e conservación

É común na alta montaña europea, principalmente nos Alpes.

É a flor emblemática das alturas e por iso foi largamente esquilmada, tendo desaparecido de moitas zonas e sendo moito menos frecuente que hai unhas poucas décadas, polo que está protexida no territorio español, estando prohibida a súa recolección. Tamén está protexida en Austria e Suíza.

Thumb
Vista da planta

Na actualidade na Península Ibérica atópase soamente nos Pireneos, especialmente no Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido[2], do que é o seu símbolo, e, aínda que raramente, pódese atopar tamén nas montañas do norte de León.

Etimoloxía

O termo Edelweiß (pronunciado /ˈedəlvaɪs/) significa en alemán "branco nobre" ou "branco puro".

Cultura

No filme de 1965 Sorrisos e lágrimas (título orixinal: "The Sound of Music"), filme dobrado ao galego, inclúese unha canción co nome (Edelweiss), que tivo gran repercusión e se considerou en todo o mundo (agás en Alemaña) coma unha especie de segundo himno nacional austríaco. Porén, só foi unha canción escrita ex profeso para o filme.

A VII SS Freiwilligen-Gebirgs Division "Prinz Eugen", tropas de montaña formada por Volksdeutschen, era unha división militar nazi que se caracterizaba por levar a insignia da flor da edelweiss. Foi a sétima división das SS de Hitler durante a segunda guerra mundial. O nome Edelweiss en alemán remite á "pureza branca" ou "nobreza branca", o que pode interpretarse coma un símbolo do paradigma da supremacía aria que pregoou e propiciou o nacionalsocialismo.

Na banda deseñada "Astérix en Helvecia" da serie Astérix, o heroe galo e o seu inseparábel amigo Obélix deben realizar unha viaxe dende a súa pequena aldea armoricana cara Suíza, daquela (50 a.C.) provincia romana de Helvecia, onde deben atpar flores desta especie (que chaman de "estrela de prata"), pois son ingrediente esencial dunha curación que preparará o seu druída, Panoramix.

Simbolismo

  • A edelweiss sae nas moedas de euro austríacas (0,02 €)
  • É a flor nacional de Austria e Suíza, é ademais o símbolo do parque nacional español de Ordesa e Monte Perdido.
  • Os xenerais suízos exhiben edelweiss en vez de estrelas para sinalar o seu estuto.
  • É considerada o "supremo talismán do amor".

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.