Lei sálica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Lei sálica (en latín: Lex salica) é un código de leis civís que debe o seu nome aos francos salios, quen o compilaron e publicaron en latín no século V, nos comezos da Alta Idade Media, por orde do seu rei Clodoveo I, co fin de que fose intelixible por todos os seus vasalos, que entendían esa lingua por estaren baixo o dominio do Imperio Romano ata principios dese século.[1]
Este código foi a base da lexislación dos antigos reis francos ata a súa extinción e a aparición do reino de Francia medieval no século X. É particularmente coñecido pola regulación da sucesión monárquica a favor dos homes, pero regulaba tamén outros asuntos como herdanza, criminalidade, roubo, bruxaría, etc., e supuña un importante elemento aglutinador nun reino como o franco, composto por varios grupos e etnias.[2][3][4]
A redacción textual da Lei Sálica é: Nulla portio hæreditatis de terra salica mullieri venial, sed ad virilem sexum tota hæredita.