![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/Flag_of_Great_Britain_%25281707%25E2%2580%25931800%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_Great_Britain_%25281707%25E2%2580%25931800%2529.svg.png&w=640&q=50)
Lei de Unión (1707)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Lei de Unión de 1707 (Union Acts) foron as leis aprobadas polos parlamentos dos Reinos de Inglaterra e Escocia, para formalizar o Tratado de Unión entre ambos os países. Os efectos principais foron dous:
- Primeiro, crear un novo país, coñecido en diante co nome de Reino de Gran Bretaña. Hai que sinalar que este nome era utilizado intermitentemente desde o 24 de marzo de 1603, cando a coroa de ambos os reinos (non así os seus parlamentos e institucións nacionais) quedaron reunidos na persoa de Xacobe I de Inglaterra, primo da raíña Sabela.
- Segundo, disolver os parlamentos nacionais e establecer un Parlamento de Gran Bretaña, que funcionou no Palacio de Westminster.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lei de Unión.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/Flag_of_Great_Britain_%281707%E2%80%931800%29.svg/640px-Flag_of_Great_Britain_%281707%E2%80%931800%29.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/Union_Jack_1606_Scotland.svg/640px-Union_Jack_1606_Scotland.svg.png)