Lei de Ampère
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física do magnetismo, a lei de Ampère, modelada polo francés André-Marie Ampère en 1831,[1] relaciona un campo magnético estático coa causa, é dicir, unha corrente eléctrica estacionaria. James Clerk Maxwell corrixiuna posteriormente e agora é unha das ecuacións de Maxwell, formando parte do electromagnetismo da física clásica.
A lei de Ampère explica que a circulación da intensidade do campo magnético nunha contorna pechada é proporcional á corrente que percorre nesa contorna.
O campo magnético é un campo angular con forma circular, cunhas liñas que encerran a corrente. A dirección do campo nun punto é tanxento ao círculo que encerra a corrente.
O campo magnético diminúe inversamente coa distancia ao condutor.