![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Laptop-ebook.jpg/640px-Laptop-ebook.jpg&w=640&q=50)
Lector de libro electrónico
dispositivo electrónico que reproduce os contidos de libros electrónicos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un lector de libro electrónico[1][2], dispositivo de lectura para libros electrónicos ou eReader[3] é un dispositivo que permite ler a versión electrónica ou dixital dun libro. Na ficción unha das mostras máis coñecidas que se coñecen é no filme 2001: Unha odisea do espazo de 1968, no que aparecen dous astronautas lendo un xornal nun dispositivo de lectura portátil. Os primeiros dispositivos reais apareceron a mediados dos anos 80 coa popularización da informática, xa que un libro electrónico se pode ler nun PC, unha PDA, nun portátil ou en calquera outro dispositivo que teña unha pantalla. Non obstante, o libro electrónico non conseguiu desbancar o libro tradicional como sistema de lectura.
Este artigo trata sobre un dispositivo de lectura. Para os libros editados ou publicados en formato dixital véxase: Libro electrónico (homónimos).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Laptop-ebook.jpg/640px-Laptop-ebook.jpg)