seres mitolóxicos From Wikipedia, the free encyclopedia
As lavandeiras son uns seres fantásticos da mitoloxía galega[1], con orixe na mitoloxía celta, que tamén se poden observar en Asturies (chamadas "les llavanderes" en asturiano[2]), Cantabria, a Bretaña francesa e Irlanda. Son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos, onde lavan sabas manchadas de sangue que nunca desaparece. De acotío aparecen cando a vida de alguén dos arredores se atopa entre a vida e a morte, presaxiando o próximo pasamento deste.
Dise delas que son mulleres que morreron no parto, ou que deixaron morrer os seus fillos sen bautizalos. Piden axuda ós vivos para escorrer as súas sabas, mais estas deben retorcerse ó contrario que a lavandeira. Se non, este encontro podería traer mala sorte, mesmo a morte.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.