enxeñeiro e empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Laureano Salgado Rodríguez, nado en Caldas de Reis o 5 de maio de 1847 e finado no mesmo concello o 5 de maio de 1930,[1] foi un enxeñeiro e empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1847 Caldas de Reis, España |
Morte | 5 de maio de 1930 (83 anos) Caldas de Reis, España |
Alcalde de Caldas de Reis | |
1913 – 1913 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | José Salgado Rodríguez |
Empezou facendo fortuna como representante de axencias consignatarias especializadas no transporte de emigrantes a América dende Vigo e Vilagarcía de Arousa. Despois dedicouse á industria eléctrica como propietario da empresa La Hulla Blanca, creando as centrais hidroeléctricas de Almofrei (Cotobade), Pego Negro (Gondomar), Aranza (Soutomaior) e Ponte Inferno no río Verdugo. Promoveu os periódicos Fray Prudencio e El Mirlo Blanco. Tivo a idea da creación do popular monumento á Virxe da Rocha en Baiona, que comezou a construírse en 1910. Foi deputado provincial (1898) e alcalde de Caldas de Reis (1913). En 1922 dirixiu o periódico mensual A Chave d'os Rayos.
Predecesor: ' |
Alcalde de Caldas de Reis 1913 |
Sucesor: ' |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.