Laureano Oubiña
empresario e contrabandista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Laureano Oubiña Piñeiro, nado na Modia (Cambados) o 30 de marzo de 1946, é un empresario, contrabandista e narcotraficante galego.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1946 ![]() A Modia, España ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Pazo Baión (1987–1995) ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Contrabando , narcotraficante ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Esther Lago García (1983–2001) Rosa María Carro (1964–1983) |
![]() ![]() |
Foi condenado en tres ocasións por delitos contra a saúde pública: en 1990, no marco do sumario 13/90 (máis coñecido como Operación Nécora), foi condenado a 12 anos de prisión por tráfico de tabaco. A segunda foi de 4 anos de prisión por traficar en 1997 con 6 toneladas de haxix desde Galiza até os Países Baixos. A terceira foi de 6 anos e nove meses, por dirixir unha banda que intentou introducir en España 12,5 toneladas de haxix en 1999 no do barco Regina Maris. Amais, en 1994 foi condenado a 12 anos por branqueo de cartos, pero finalmente foi absolto e condenado a 6 anos por delitos fiscais.
En 1983 fora detido por contrabando de tabaco en Platja d’Aro (Xirona).
O 10 de febreiro de 2014 ingresa outra vez en prisión[1] para cumprir unha condena de 4 anos e 7 meses que lle fora imposta en 2012 pero que recorrera por motivos de saúde, finalmente rexeitada a súa solicitude a Audiencia Nacional pide o seu ingreso en prisión.