protagonista da saga de videoxogos de aventuras Tomb Raider From Wikipedia, the free encyclopedia
Lara Croft é un personaxe ficticio protagonista da saga de videoxogos do xénero de aventuras, Tomb Raider, desenvolvido inicialmente por Core Design, para máis tarde rematar sendo Crystal Dynamics (Square Enix na actualidade) a súa desenvolvedora. O personaxe creado por Toby Gard apareceu tamén en historietas, novelas e unha serie de curtos animados, e foi personificada pola actriz estadounidense Angelina Jolie en dúas adaptacións cinematográficas e pola actriz sueca Alicia Vikander noutra.
Lara Croft | |
---|---|
Alison Carroll, a "derradeira" modelo oficial de Lara Croft, modelo para Tomb Raider: Underworld no Festival do videoxogo 2008 en París | |
Primeira aparición | Tomb Raider |
Última aparición | Rise of the Tomb Raider |
Creador(es) | Toby Gard |
Interpretado por | Angelina Jolie (2001–2003) Alicia Vikander (2018) |
Voz orixinal | Shelley Blond (1996) Judith Gibbins (1997–1998) Jonell Elliott (1999–2003) Keeley Hawes (2006–2010) Camilla Luddington (2013-) |
Información | |
Raza | Caucásica |
Sexo | Muller |
Idade | (56 anos) |
Estatura | 1,78m |
Cor de pelo | Castaño |
Cor de ollos | Marróns |
Nacemento | 14 de febreiro do 1968 |
Especialidade | Arqueoloxía Atletismo |
Ocupación | Arqueóloga Escritora |
Título | Condesa de Abbington |
Familia | Richard James Croft Amelia Croft |
Residencia | Surrey, Inglaterra |
Nacionalidade | Inglesa |
Status actual | Solteira |
Perfil en IMDb |
Lara Croft foi recoñecida como "A heroína humana máis exitosa na historia dos videoxogos" polo Libro Guinness dos Récords.
Lara é xeralmente presentada como unha arqueóloga de oficio e aventureira inglesa inxenua, atlética e temeraria, que frecuentemente se aventura en antigas tumbas e ruínas. Ademais de trampas e crebacabezas, Lara atopa nas súas viaxes a rivais e inimigos como gángsters, asasinos, animais salvaxes (mesmo dinosauros), animais mitolóxicos e criaturas sobrenaturais. A fantástica natureza das súas historias arqueolóxicas é comparada coas de Indiana Jones.
Segundo a nova biografía, a historia de Lara sufriu modificacións. Lara Croft naceu en 1968 na Inglaterra (Gran Bretaña, Reino Unido) filla de Richard e Amelia Croft. En 1976, cando ela tiña tan só nove anos, sobreviviu a un accidente de aviación no Himalaia. Neste episodio da súa vida perdeu á súa nai e tivo que camiñar durante 10 días ata chegar a un bar de Katmandú onde telefonou ó seu pai para lle pedir que a recollese. Durante seis anos tralos feitos ocorridos, Lara foi de continuas viaxes co seu pai dun sitio arqueolóxico a outro e aínda así recibía unha educación por parte de profesores particulares, aínda que practicamente o seu pai era titor a xornada completa de Lara. Con todo, ós quince anos de idade, o pai de Lara desaparece en Camboxa en estrañas circunstancias e ningún dos seus restos foron atopados. Ó non haber cadáver, Lara non puido herdar o título de Croft, e tivo serios problemas co seu tío polo control do patrimonio do seu defunto pai. Lara gaña legalmente os dereitos de todas as posesións do seu pai pero isto causou que Lara non volvese ter comunicación algunha cos seus parentes vivos restantes.
Inicialmente, o deseñador Toby Gard tiña planeado facer do protagonista de Tomb Raider unha copia do arqueólogo Indiana Jones. Cando esa idea foi rexeitada como inaceptable, Gard concentrouse en crear outro personaxe. Outro factor que axudou a que usase un personaxe feminino é que notou que os seus compañeiros de traballo preferían elixir personaxes femininos no vídeo xogo Virtua Fighter. De aí saíu unha muller chamada "Laura Cruz". Co paso do tempo, os seus creadores interpretaron que Laura Cruz non soaba moi "de muller inglesa" e o seu nome cambiou a "Lara Croft", máis doado de pronunciar en "inglés americano". O apelido Croft tomouno dun directorio telefónico para que "soase máis amigable con respecto a Inglaterra".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lara Croft |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.