filme de 2013 dirixido por Rithy Panh From Wikipedia, the free encyclopedia
L'Image manquante (en khmer: រូបភាពដែលបាត់បង់) é un filme documental franco-camboxano[3] de 2013 dirixido por Rithy Panh sobre os khmer vermellos[4] en lingua francesa.[5] Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2013[6] onde gañou o premio principal.[7] Tamén foi estreado na sección de Cinema do Mundo no Festival Internacional de Cinema Cinemanila, onde gañou o Gran Premio do Xurado.[8] Gañou o Premio Lumières ó mellor documental na 21ª edición dos Premios Lumières e foi nomeado ó Premio César ó mellor filme documental.[9][10]
L'Image manquante | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | រូបភាពដែលបាត់បង់ |
Director | Rithy Panh |
Produtor | Catherine Dussart |
Guión | Rithy Panh Christophe Bataille |
Intérpretes | Randal Douc Jean-Baptiste Phou[1] |
Música | Marc Marder |
Fotografía | Prum Mesa |
Montaxe | Rithy Panh Marie-Christine Rougerie |
Distribuidora | Les Acacias (Francia) |
Estrea | Festival de Cannes: 19 de maio de 2013 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Camboxa Francia[2] |
Xénero | Documental |
Na rede | |
http://www.u-picc.com/kietae/ | |
|
Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios.[11] Aproximadamente a metade do filme está composta por material de novas e imaxes de época, mentres que a outra metade emprega figuras para dramatizar o que ocorreu en Camboxa cando Pol Pot chegou ó poder.[5][12]
Empregando figuriñas de barro e imaxes de arquivo, Rithy Panh testemuña as atrocidades cometidas polos kmres vermellos en Camboxa entre 1975 e 1979.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.