Kurdistán
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kurdistán[1] (en lingua kurda: كوردستان, Kūrdstān), ás veces escrito Curdistán[2], é o territorio tradicional no que habita o pobo kurdo. Politicamente a maior parte corresponde a Turquía e o resto a Iraq, Irán, Siria e Armenia. Os seus límites exactos son difíciles de establecer, xa que ningún dos estados recoñece o Kurdistán como unha rexión cultural, xeográfica ou política. Segundo os cálculos máis conservadores o Kurdistán cobre unha área de 190.000 km² no que habitan 25 000 000 de persoas, pero outras fontes elevan a súa superficie a máis de 500 000 km² no que viven 40 000 000 de persoas. Os kurdos son na súa maioría sunitas, que se organizan en clans e, maiormente, falan a lingua kurda.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Kurdistan (ku-latn) کوردستان (ku-arab) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Lingua usada | lingua kurda árabe lingua persa lingua turca | |||
Pechar