Kotu

From Wikipedia, the free encyclopedia

O grupo Kotu, ou tamén grupo Lulunga, é un grupo de illas ao suroeste do grupo Ha'apai, entre o grupo Nomuka e o Lifuka, no reino de Tonga.

Son illas baixas e pequenas, de menos de 2 km², e tan só seis delas están habitadas. Administrativamente forman o distrito de Lulunga na división de Ha'apai. Aínda que o grupo recibe o nome da illa Kotu, a máis grande e poboada é Ha'afeva.

  • Fonuaika (20°7′S 174°42′O) é a máis meridional do grupo, situada a 14 km ao norte de Nomuka.
  • Tokulu é un banco de area de 1´5 m de altitude, situado a 8 km ao oeste de Fonuaika.
  • 'O'ua (20°2′S 174°41′O) está a 7 km ao norte de Fonuaika. Ten unha poboación de 178 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 0´98 km².
  • Nukulai está separada dos arrecifes de 'O'ua por unha canle de 600 m de ancho.
  • Lekeleka (20°4′S 174°37′O) está a 6 km ao leste de 'O'ua.
  • Tungua (20°1′S 175°46′O} se atopa a 6 km ao oeste de 'O'ua. Ten unha poboación de 282 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 1´53 km².
  • Kito é unha illa pequena e boscosa situada a 2 km ao noroeste de Tungua.
  • Foua (20°0′S 174°44′O) é unha illa pequena e rochosa de 9 m de altitude situada a 1´5 km ao nordés de Tungua.
  • Kotu (19°57′S 174°48′O) é a illa máis occidental do grupo, a 6 km ao oeste de Tungua. A costa meridional é escarpada e ten 15 metros de alto, e a costa setentrional é baixa e areosa. Ten 222 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 0´34 m².
  • Putuputua, a máis setentrional do grupo, é un banco de area de 3´7 m de altitude situado a 5 km ao nordés de Kotu.
  • Ha'afeva (19°57′S 174°43′O) é a illa principal do grupo, situada a 7 km ao leste de Kotu. Ten unha poboación de 313 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 1´81 km².
  • Matuku (19°57′30″S 174°45′0″O) é unha illa de 0´34 km² e unha població de 149 habitantes (censo de 1996) situada entre Ha'afeva e Kotu.
  • Limu (20°1′S 174°27′O) é unha pqueña illa boscosa a 14 km ao leste de Lekaleka.
  • Uanukuhihifu (19°58′S 174°30′O).
  • Tofonga (19°57′S 174°28′O).

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.