Knight Lore é un videoxogo desenvolvido por Ultimate para o ZX Spectrum en 1984 dentro da serie Sabreman tras Sabre Wulf e Underwurlde, a diferenza deles empregou unha perspectiva isométrica, o que constituíu unha grande innovación na época e que nos permite ter unha visión tridimensional de todas as pantallas polas que pasamos. Tim Stamper e Chris Stamper foron os que escribiron o código do xogo. O éxito do xogo en Europa levou a que se realizaran versións para BBC Micro, Amstrad CPC, MSX e Famicom Disk System que xa non tiñan a limitación orixinal de limitarse a dúas cores polas especifidades do Sepctrum. En Knight Lore Sabreman, o protagonista da triloxía, pola acción dun feitizo transfórmase en home lobo co luar. A acción transcorre no castelo do mago Melkior onde Sabreman debe recoller os ingredientes para facer unha apócema que remate co feitizo. Os ingredientes débense verter na caldeira de Melkior nunha orde determinada, de non levar o ingrediente axeitado unha masa de estrelas obrigará a Sabreman a marchar do cuarto. Ademais dos ingredientes Sabreman ten que recoller unha serie de obxectos que son precisos para superar certos obstáculos.

Datos rápidos Desenvolvedor(es), Distribuidora(s) ...
Pechar

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.