From Wikipedia, the free encyclopedia
Kim Jong-il, nado o 16 de febreiro de 1942 e finado o 17 de decembro de 2011, foi un político norcoreano, que foi líder do seu país desde 1994 ata a súa morte en 2011. Foi o Secretario Xeral do Partido dos Traballadores de Corea desde 1994, e tamén Presidente da Comisión Nacional de Defensa do seu país. Sucedeu como Secretario Xeral ao seu pai, Kim Il-sung, que gobernara o país desde 1948.
É coñecido no seu país como o Amado Líder. Foi en sucesivas ocasións ratificado polo parlamento norcoreano como Presidente da Comisión de Defensa Nacional. Como autor teórico, asina un bo número de obras nas que desenvolve a Teoría Juche, un desenvolvemento do leninismo no que se baseou a política da República Democrática Popular de Corea. O seu aniversario é unha festa nacional.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.