![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/66/Chi_uc_lc.svg/langgl-640px-Chi_uc_lc.svg.png&w=640&q=50)
Khi
letra do alfabeto grego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Khi é a vixésimo segunda letra do alfabeto grego (χῖ); equivale ao /x/ ou ao /χ/, o son do iota do castelán; anteriormente tiña o valor de /kʰ/, oclusiva velar xorda aspirada. Minúscula χ, maiúscula Χ. Adoita transcribirse como c ou qu. Como signo numérico representaba o seiscentos. En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo segundo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo segundo da Odisea.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/66/Chi_uc_lc.svg/640px-Chi_uc_lc.svg.png)