From Wikipedia, the free encyclopedia
Khasekhemui foi o último faraón da dinastía II e do período arcaico de Exipto, ou período tinita. Gobernou entre os anos 2709 a.C. e 2682 a.C.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2022.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXVIII a. C. |
Morte | século XXVII a. C. |
Lugar de sepultura | Umel Caabe (pt) |
Faraón | |
← Sequemibe (pt) – Zoser → | |
Q110644602 | |
Q110644534 | |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Antigo Exipto, Época Tinita (pt) e Segunda Dinastía de Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Segunda Dinastía de Exipto |
Cónxuxe | Nimaethap Menka |
Fillos | Shepset-ipet () Sejemib Hetefernebti () Nimaethap Nequerofrés (presumiblemente) () Nimaethap Nimaethap () Zoser () Nimaethap |
Descrito pola fonte | Tabela de Saqqara |
Figura como Dyadyay na Lista Real de Abidos, aínda que se lle cita como Beby na Lista Real de Saqqara. Manetón comentou, segundo Xulio Africano, en versión do monxe Sincelo, que o noveno rei, Keneres, gobernou trinta anos. O Canon de Turín asigna a ...bty un reinado de 27 anos, dous meses e un día.
Casado con Nemaathapy, foi pai de Initkaes e Hetephernebty, e posiblemente sogro de Sanajt e Djoser.
É considerado o reunificador das Dúas Terras (Exipto) baixo o seu mando, dividida despois do reinado de Peribsen. Acabou coas rebelións dos nomos setentrionais e mediante o seu enlace coa princesa Nemaathapy, procedente do Baixo Exipto, consolidou o seu poder sobre todo o territorio.
Crese que ao reunificar o país cambio o seu nome Khasekhem polo de Khasekhemui.[Cómpre referencia] Pola semellanza do nome, moitos estudosos ven en Khasekhemui unha titulatura diferente adoptada logo da reconciliación nacional, que estivo en precario pola rebelión do sur. Reafirmou o sentimento nacionalista e restableceu o culto a Horus, en contraposición ao de Seth que foi propagado por Sejemib durante a época de crise.
Foi sepultado na necrópole real de Umm el-Qaab, en Abidos.
Con Khasekhemui conclúe a segunda dinastía, e con esta, o período arcaico de Exipto, ou período Tinita.
Predecesor: Khasekhem (?) |
Faraón Segunda dinastía |
Sucesor: Sanajt |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.