![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Kevin_Garnett_2008-01-13.jpg/640px-Kevin_Garnett_2008-01-13.jpg&w=640&q=50)
Kevin Garnett
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kevin Maurice Garnett, nado o 19 de maio de 1976 en Mauldin, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto que militou nos Minnesota Timberwolves, Boston Celtics e Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Os seus alcumes son "The Big Ticket", "KG" e "The Kid".
Chegou á NBA no Draft de 1995 directamente dende o instituto, converténdose no primeiro xogador en facelo aos 20 anos. Dende entón gañou un anel de campión (2008), o MVP da tempada (2004) e foi elixido para xogar o NBA All-Star Game en quince ocasións, ademais do premio ao Mellor Defensor do Ano, ao Mellor Cidadán, sendo en catro tempadas elixido no mellor quinteto da NBA e en oito no mellor quinteto defensivo. En 2007 deixou os Minnesota Timberwolves, tras dez anos xogando alí, e asinou polos Boston Celtics. É o xogador que máis tempadas tivo como mínimo de 20 puntos, 10 rebotes e 5 asistencias na historia da NBA.