político turco From Wikipedia, the free encyclopedia
Kemal Kılıçdaroğlu, nado en Ballıca o 17 de decembro de 1948, é un político socialdemócrata turco, dirixente do Partido Republicano Popular (CHP) e líder da oposición desde 2010.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (tr) Kemal Karabulut 17 de decembro de 1948 (75 anos) Nazımiye (Turquía) |
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
7 de xullo de 2018 – 14 de maio de 2023 Lexislatura: 27th Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: İzmir (2nd electoral district) (en) Electo en: Eleição parlamentar na Turquia em 2018 (pt) | |
Vicepresidente Internacional Socialista | |
21 de agosto de 2012 – 13 de decembro de 2014 | |
Presidente Partido Republicano Popular | |
22 de marzo de 2010 – 5 de novembro de 2023 ← Deniz Baykal (pt) – Özgür Özel (pt) → | |
Leader of the Main Opposition of Turkey (en) | |
22 de marzo de 2010 – 5 de novembro de 2023 ← Deniz Baykal (pt) – Özgür Özel (pt) → | |
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
18 de novembro de 2002 – 14 de maio de 2023 | |
Datos persoais | |
Relixión | Alevismo |
Educación | Gazi University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e político |
Ocupación | economista, político, bureaucrat (en) |
Partido político | Partido Republicano Popular (1999–) Democratic Left Party (en) (–1999) |
Familia | |
Cónxuxe | Selvi Kılıçdaroğlu (1974–) |
Fillos | Kerem Kılıçdaroğlu |
Irmáns | Celal Kılıçdaroğlu |
Premios | |
| |
Naceu nunha aldea do distrito de Nazımiye na provincia de Tunceli, no leste de Turquía. Seu pai fora un dos milleiros de exiliados alevís tras do fracaso da Rebelión Dersim.[1] Kemal realizou estudos primarios e secundarios en varios lugares como Erciş, Tunceli, Genç e Elazığ, graduándose en 1971 en economía na Academia de Economía e Ciencias Comerciais de Ancara.
Logo de rematar os seus estudos, Kemal Kılıçdaroğlu entrou no ministerio de finanzas e pasou un ano en Francia para perfeccionarse profesionalmente. Nomeado en 1983 vicedirector xeral do departamento de recursos públicos do ministerio, en 1991 converteuse en director xeral da seguridade social turca,[2][3], posto no que parmaneceu ata 1999, retirándose para entrar en política.
En 1999 a prensa refereríase a miúdo a Kılıçdaroğlu como a estrela do Partido da Esquerda Democrática (DSP),[4] afirmándose que sería candidato do DSP nas eleccións xerais de 1999.[5] Malia todo non se propuxo a súa candidatura e mentres dirixía a seguridade social, o líder do CHP Deniz Baykal convidouno a unirse ao seu partido, e Kılıçdaroğlu aceptou.[2]
Tras as eleccións de 2002 entrou no parlamento como deputado por Istambul, reelixido en 2007, converténdose no voceiro segundo do seu grupo parlamentario.[2] Kılıçdaroğlu foi o candidato á alcaldía de Istambul polo CHP nas eleccións locais de 2009,[6] quedando segundo por tras Kadir Topbaş cun 37% dos votos
Deniz Baykal, histórico líder do CHP deixou o seu posto o 10 de maio de 2010 logo dun escándalo cunha fita de vídeo. Kılıçdaroğlu anunciou o seu interese en substituílo, así e todo o Comité Executivo do partido amosouse partidario de reelixir a Baykal,[7] mais logo de Kılıçdaroğlu recibir o apoio de 77 dos 81 presidentes provinciais do seu partido, Baykal decidiu non presentar a súa candidatura,[8] e a candidatura de Kılıçdaroğlu logrou as sinaturas de 1246 dos 1,250 delegados, unha marca non superada no CHP.[9] Na convención os delegados elixírono por unanimidade, con 1189 votos a favor, e nove nulos.[10]
Kılıçdaroğlu converteuse en xefe oficial da oposición o22 maio de 2010 ao liderar o segundo partido na Grande Asemblea Nacional. A súa primeira campaña como líder do CHP e da oposición foi o referendo constitucional do 12 de setembro de 2010, para o que empregou a táctica de boicotear o seu proceso parlamentario, mais como para se realizar o referendo era preciso a aprobación de 330 parlamentarios, e o goberno tiña 336, non puido evitar a celebración do referendo. Kılıçdaroğlu fixo campaña polo non ás propostas e elevou aos tribunais o proceso de votación parlamentario alegando irregularidades técnicas pero o Tribunal Constitucional deulle validez á votación e o 57.9% dos electores votaron a favor e o 42.1% en contra.[11]
As eleccións lexislativas de 2011 foron as primeiras nas que Kemal Kılıçdaroğlu participou como o dirixente do CHP, e o seu partido recibiu case o 26% dos votos mellorando máis de cinco puntos en relación ás anteriores, non obstante nas eleccións de xaneiro de 2015 baixou un punto quedando con case o 25%.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.