matemático húngaro From Wikipedia, the free encyclopedia
János Bolyai, nado o 15 de decembro de 1802 en Kolozsvár (actual Romanía) e finado 27 de xaneiro de 1860, foi un matemático húngaro. Seu pai, Farkas Bolyai, tamén era matemático e amigo de Carl Friedrich Gauss.
Nome orixinal | (hu) Bolyai János |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de decembro de 1802 Cluj-Napoca, Romanía |
Morte | 27 de xaneiro de 1860 (57 anos) Târgu Mureș, Romanía (pt) |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Reformed Protestant cemetery (en) |
Residencia | Transilvania |
Educación | Academia Militar Theresiana (pt) (1818–1822) |
Director de tese | Farkas Bolyai |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría, Xeometría non euclidiana e matemáticas |
Ocupación | matemático |
Profesores | Farkas Bolyai |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Farkas Bolyai |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Aos 13 anos xa dominaba o cálculo. Entre 1818 e 1822 estudou no Colexio Real de Enxeñaría en Viena. En 1832 publicou un completo tratado sobre xeometría non euclídea, sen coñecer a Nikolai Lobachevski, que tres anos antes publicara un estudo similar, polo que os seus logros matemáticos non foron merecidamente recoñecidos.
Pertenceu ao corpo de oficiais-enxeñeiros da armada austríaca durante 11 anos, onde se destacou pola súa gran capacidade lingüística, que lle permitiu falar ata nove idiomas estranxeiros (incluído o chinés) e polas súas cualidades de violinista, bailarín e esgrimista.
En 1833, aqueixado de febres, tivo que xubilarse da súa carreira militar. Dende entón adicouse á investigación matemática. Morreu de pneumonía, o 27 de xaneiro de 1860 en Marosvásárhely, Hungría.
Na súa honra, déuselle o seu nome a un cráter lunar.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: János Bolyai |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.