From Wikipedia, the free encyclopedia
Julian Patrick Barnes, nado en Leicester o 19 de xaneiro de 1946, é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna.
Gañou o Premio Booker - un dos máis prestixiosos en lingua inglesa- no ano 2011 por The Sense of An Ending e foi tres veces finalista dese mesmo premio con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005).
Arthur & George (2005), The Sense of An Ending (2011) e The Noise of Time (2018) foron verquidas a galego e publicadas en Rinoceronte Editora: Arthur e George (2006), O sentido dun final (2012), O ruído do tempo (2020). As dúas primeiras foron traducidas por Xesús Fraga e última por Moisés Barcia.
É autor de novela policial baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh.
Despois de estudar na City of London School e no Magdalen College de Oxford, traballou como lexicógrafo para o Oxford English Dictionary. Con posterioridade, traballou como editor literario e crítico de cine.
Vive coa súa muller nas aforas de Londres, onde agora se dedica a escribir a tempo completo. O seu irmán, Jonathan Barnes é un filósofo especializado en filosofía antiga.
A súa axente literaria é Pat Kavanagh, que tamén fixo durante certo tempo de axente do seu amigo de outrora Martin Amis.
A última novela publicada por Barnes, The Only Story, saíu do prelo o 1 de febreiro de 2018.
A listaxe completa de obras ofrécese a seguir. A menos que se especifique o contrario deben considerarse novelas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.