Judas Priest
Grupo de heavy metal inglés formado en 1970 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Judas Priest é un grupo de heavy metal, formado en 1970 en Birmingham por K.K. Downing e Ian Hill. Co paso dos anos convertéronse nunha das bandas máis populares deste xénero, acadando unha grande influencia no Heavy Metal europeo. Non en van son considerados, xunto con Iron Maiden os fundadores do chamado NWOBHM (New Wave of British Heavy Metal).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Judas Priest | |
---|---|
Judas Priest no Sweden Rock Festival, xuño de 2008 | |
Orixe | Birmingham, |
Período | 1969 – presente |
Xénero(s) | heavy metal, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Epic Records Columbia Records CMC International Koch Records RCA Records Gull |
Membros | Rob Halford - Vocalista Glenn Tipton - Guitarrista K.K. Downing - Guitarrista Ian Hill - Baixista Scott Travis - Batería |
Antigos membros | Dave Holland Tim "Ripper" Owens Al Atkins Les Binks Alan Moore John Hinch Chris Campbell John Pattridge John Ellis Simon Phillips |
Na rede | |
www.judaspriest.com | |
Están considerados un dos alicerces fundamentais do desenvolvemento do estilo xuntamente con Black Sabbath, e probablemente a primeira banda 100% Heavy Metal posto que o estilo de Sabbath é Heavy Rock. Os seus integrantes reciben a súa inspiración musical basicamente dos grandes do Rock Psicodélico e o Hard Rock, como Cream, Jimi Hendrix, Deep Purple e Led Zeppelin, aínda que desde os seus inicios buscaron un son propio que os diferenciase das bandas da época, desenvolvendo así o son metálico que se desligaba da influencia do blues que tiña Black Sabbath, e que sería seguido polos grupos da New Wave Of British Heavy Metal. Tamén se lles identifica como pioneiros en impoñer un tipo de indumentaria característica do Heavy Metal, como o coiro e os accesorios de metal, vencellados directamente á súa estética. Iso fíxose a través do seu vocalista, Rob Halford que adoptou esta imaxe cada vez que se presentaba en público, inducindo ao resto da banda para que fixesen o mesmo. Venderon máis de 35 millóns de álbums ao redor do mundo.