avogado e politico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan José Ramón Sánchez Anido, nado en Santiago de Compostela o 16 de maio de 1872 e finado en Madrid o 17 de abril de 1948,[1] foi un avogado e político galego.
Descendente de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, dunha familia fidalga do Pazo de Santaia (Curtis) e irmán de José Sánchez Anido. Militante do Partido Liberal (facción prietista). Participou na ratificación do plan do ensanche coruñés de 1883. Foi elixido concelleiro da Coruña en novembro de 1905,[2] e nomeado alcalde da Coruña por Real orde a finais de decembro dese ano, permanecendo no cargo até xuño de 1909. Volveu ser nomeado alcalde en novembro de 1909, cesando en xaneiro de 1910. Foi gobernador civil de Barcelona (1912-1913), Cádiz (1915-1917), novamente Barcelona (1917) e Valencia (1917-1919).
Predecesor: Francisco Mariño García |
Alcalde da Coruña 1906 - 1909 |
Sucesor: Javier Ozores Pedrosa |
Predecesor: Javier Ozores Pedrosa |
Alcalde da Coruña 1909 - 1910 |
Sucesor: José Folla Yordi |
Foi nomeado fillo adoptivo da Coruña en 1910.
Casou na Coruña con Carmen Gastón Enríquez, filla de Manuel Gastón Valdés, en xullo de 1901.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.