militar, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José María López Ramón, nado en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1916 e finado en Ferrol o 29 de abril de 2009, foi un militar, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1916 Santiago de Compostela, España |
Morte | 29 de abril de 2009 (93 anos) Ferrol, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
1963 – 1970 ← José María Quiroga de Abarca – Guillermo Fernández Júlbez → | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 27 de xuño de 1963 – Rogelio Cenalmor Ramos → Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Ferrol | |
1959 – 1963 ← Francisco Dopico González – Rogelio Cenalmor Ramos → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Despois de pasar a súa infancia en Corcubión, licenciouse en dereito e en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou como militar de artillaría e en 1949 comezou a traballar como delegado en Ferrol do xornal El Correo Gallego, trasladado recentemente da cidade departamental a Santiago de Compostela. Simultaneou ese posto co de director da emisora de radio La Voz de Ferrol, de 1950 a 1963.
En 1959 foi designado alcalde de Ferrol e escollido como procurador en Cortes en representación dos concellos coruñeses. Nese tempo inícianse as obras da ponte das Pías. En 1963 foi nomeado Gobernador civil de Ourense cargo que ocupou ata 1970, co que mantén o posto de procurador que lles correspondía a todos os gobernadores civís.
Acadou o grao de coronel de artillaría no momento da súa xubilación, e regresou a Ferrol, onde chegou a ser conselleiro delegado do xornal Ferrol Diario.
Predecesor: Francisco Dopico González |
Alcalde de Ferrol 1959 - 1963 |
Sucesor: Rogelio Cenalmor Ramos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.