Joseph Terence Montgomery Needham, nado en Londres o 9 de decembro de 1900 e finado en Cambridge o 24 de marzo de 1995, foi un bioquímico británico, pero que foi máis coñecido como historiador preeminente da ciencia e a tecnoloxía da China. Foi elixido como membro tanto da Royal Society como da British Academy, un logro bastante infrecuente. Na China é coñecido polo seu nome chinés, Lǐ Yuēsè 李约瑟.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Joseph Needham |
Nome orixinal | (en) Noel Joseph Terence Montgomery Needham |
---|
|
Nacemento | 9 de decembro de 1900 Londres, Reino Unido |
---|
Morte | 24 de marzo de 1995 (94 anos) Cambridge, Reino Unido |
---|
Causa da morte | párkinson |
---|
|
Master of Gonville and Caius College, Cambridge (en) |
---|
1966 – 1976 ← Nevill Francis Mott – Henry William Rawson Wade (pt) → |
|
|
Educación | Oundle School (en) Gonville and Caius College (pt) Universidade de Cambridge |
---|
Director de tese | Frederick Gowland Hopkins |
---|
|
Campo de traballo | Bioquímica, Embrioloxía e Sinoloxía |
---|
Ocupación | historiador, escritor, bioquímico, filósofo |
---|
Empregador | Universidade de Cambridge |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Mikuláš Teich (pt) |
---|
|
Cónxuxe | Lu Gwei-djen (1989–1991) Dorothy M. Needham (1924–1987) |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Needham, Joseph, 1900-1995, |
---|
|
Pechar
Foi o primeiro académico occidental en recoñecer o pasado científico da China a través da súa serie Science and Civilization in China, monumental obra enciclopédica que revelaba o desenvolvemento da ciencia naquel país.
- Science, Religion and Reality (1927)
- A History of Embriology (1934)
- Biochemistry and Morphogenesis (1942)
- Chinese Science (1946)
- Science and Civilisation in China (obra monumental, en 15 volumes, iniciada en 1954)
- The Grand Titration: Science and Society in East and West (1969, 1979: ISBN 0 04 931008 9)
Traducións en castelán
- Grandeza y miseria de la tradición científica china, Anagrama, 1977, ISBN 978-84-339-0753-0.
- La gran titulación: ciencia y sociedad en Oriente y Occidente, Alianza, 1977. ISBN 978-84-206-2179-1.
- Dentro de los cuatro mares: el diálogo entre Oriente y Occidente, Siglo XXI de España, 1975 ISBN 978-84-323-0187-2.
- Ciencia, religión y socialismo, Crítica, 1978, ISBN 978-84-7423-067-3.
- De la ciencia y la tecnología chinas, Siglo XXI, 2004...
Bibliografía
- Riviere, Jean R. (1975): Oriente y Occidente. Barcelona: Salvat. (Número 76 da Biblioteca Salvat de Grandes Temas).