From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Conrad, nado como Józef Teodor Nałęcz Konrad Korzeniowski en Berdychev (Ucraína, daquela pertencente ao Imperio Ruso) o 3 de decembro de 1857 e finado en Canterbury (Inglaterra) o 3 de agosto de 1924, foi un novelista británico de orixe polaca. As súas novelas, etiquetadas ás veces de románticas[Cómpre referencia], anticipan no tratamento do colonialismo e nas tinturas irónicas a nova estética do modernismo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Foi fillo dun aristócrata, de quen herdaría o seu amor pola literatura. Seu pai, de ideoloxía nacionalista e liberal, sería arrestado en Varsovia polo seu apoio á insurrección polaca de 1863 e condenado a traballos forzados en Siberia polas autoridades rusas. Morta a súa nai de tuberculose en 1865 e o seu pai en 1869, un tío materno de Cracovia encargarase do pequeno Conrad ata que en 1874 viaxe a Marsella onde se embarcará como mariñeiro.
Ata 1878 navegará en mercantes franceses por Suramérica, India, Arquipélago Malaio, África, Australia e Inglaterra, onde finalmente ingresará na Mariña Real, da que chegará a ser capitán. Adoptou a nacionalidade británica en 1886, mudando o seu nome polaco polo máis simple de Joseph Conrad.
Logo dunha tentativa de suicidio fanado por unha historia de amor, e de servir durante dezaseis anos na mariña mercante británica, abandonará a súa vida de mariño e comezará a escribir. Viviu por temporadas en Londres, en Lowestoft, en Suffolk e Bishopsbourne, preto de Canterbury. Coñeceu e mantivo relacións de amizade con John Galsworthy, Rudyard Kipling, Henry James, Bernard Shaw e Bertrand Russell.
Está enterrado en Canterbury.
A súa obra narrativa, escrita toda en inglés, sitúase entre o realismo literario, na tradición de Charles Dickens e Fiódor Dostoievski, e o modernismo, sendo en boa medida a síntese dunha reelaboración autobiográfica. O mar e as aventuras da vida mariña narradas cun dominio lingüístico pouco usual calaron fondo nun pobo marítimo como o inglés. Bertrand Russell, que sentía verdadeira admiración pola obra de Conrad, bautizaría un dos seus fillos co seu nome.
A súa primeira novela, Almayer's Folly (1895), sitúa a acción na costa leste de Borneo. Nostromo (1904) é un estudo panorámico da revolución en Suramérica, mentres The Secret Agent e Under Western Eyes foron das primeiras novelas modernas en tratar do terrorismo e a espionaxe. O tránsito da mocidade ó mundo dos adultos e das súas responsabilidades é narrado co pano de fondo do mar e da vida a bordo en A liña de sombra. As operacións de tráfico de armas e as conspiracións políticas en que se viu envolto o Conrad mozo terían o seu reflexo na súa novela tardía, A frecha de ouro (The Arrow of Gold).
A novela máis coñecida é Corazón da escuridade (Heart of Darkness). Baseada na viaxe que fixera en 1890 polo río Congo, considérase un alegado contra do colonialismo europeo en África, pero é tamén unha historia de nobres ideais que se transforman en barbarie e perversión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.