From Wikipedia, the free encyclopedia
Sengbe Pieh (tamén coñecido como Joseph Cinqué) nado en 1814 e finado en 1879 foi un home de África Occidental do pobo mende e un dos principais implicados no caso La Amistad, no que el e outras 51 persoas foron vítimas do comercio ilegal de escravos.
Retrato por Nathaniel Jocelyn, 1840 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1814 Serra Leoa |
Morte | 1879 Serra Leoa |
Lugar de sepultura | Colonia e Protectorado de Serra Leoa |
Grupo étnico | pobo mende |
Relixión | Igrexa Episcopal dos Estados Unidos |
Actividade | |
Ocupación | Slave rebellion leader (en) |
Participou en | |
30 de xuño de 1839 | La Amistad slave revolt (en) |
Cronoloxía | |
30 de xuño de 1839-26 de agosto de 1839 | La Amistad slave revolt (en) |
Estados Unidos vs. La Amistad (pt) | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Cinqué naceu no ano 1814 onde agora é Serra Leoa, mais a data exacta do seu nacemento é descoñecida. El era un agricultor de arroz, casado, con tres fillos, cando foi capturado ilegalmente polos traficantes de escravos africanos en 1839 e aprisionado no navío negreiro portugués Tecora. Isto era unha violación dos tratados internacionais que prohibían o comercio de escravos. Cinqué foi levado a Cuba, onde foi vendido con outras 51 persoas ós españois José Ruiz e Pedro Montez.
Os españois transportaron ós presos a bordo dun navío chamado La Amistad, coa intención de vendelos como escravos en Cuba para traballar en plantacións de azucre. O 30 de xuño, Cinqué comezou unha revolta, matando ó capitán e ó cociñeiro do navío; dous escravos tamén morreron, e dous mariñeiros escaparon. Os africanos fixeron prisioneiros a Ruiz e Montez, os dous comerciantes que fixeran a compra, e esixiron que levasen o barco de volta a Serra Leoa.
Pero foron enganados por Ruiz e Montes, que levaron o barco ata as costas dos Estados Unidos. Chegaron a Long Island, Nova York e membros do USS Washington abordárono. Cando descubriron o que acontecera (de acordo coa versión dos españois), acusaron ós africanos de amotinamento e asasinato, e leváranos a New Haven, Connecticut para xulgalos.
Os dous españois afirmaban que os africanos xa eran escravos en Cuba cando foron adquiridos e polo tanto de propiedade legal. Por outra banda os defensores dos escravos lograron atopar tradutores de mende a inglés, o que permitiu ós africanos contar a súa historia ós avogados e á corte. Cinqué foi o representante informal do grupo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Cinqué |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.