From Wikipedia, the free encyclopedia
Josep Ferrater Mora, nado en Barcelona o 30 de outubro de 1912 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1991, foi un filósofo, ensaísta e escritor catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1912 Barcelona, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1991 (78 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , catedrático , escritor |
Empregador | Universidade de Barcelona Bryn Mawr College |
Alumnos | Javier Muguerza (en) |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Priscilla Cohn (–1991) |
Premios | |
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Barcelona, doutorándose nesta mesma cidade baixo a dirección do seu mestre Joaquim Xirau, en 1936. Ao estalar a guerra civil española, Ferrater loitou no bando republicano e, ante a derrota deste, decidiu exiliarse para evitar máis infortunios. Desde 1939 foi profesor en universidades de Francia, Cuba e os EUA, país no que se asentaría finalmente desde 1947, fuxindo do réxime franquista, e onde coñecería ao poeta Pedro Salinas. O seu labor docente máis extenso foi no Bryan Mawr College de Pensilvania, institución na que gozaría dunha gran reputación e no que permanecería até a súa xubilación en 1981, chegando a ser director do Departamento de Filosofía. Así mesmo, foi profesor convidado nas universidades de Princeton, Baltimore, Filadelfia, Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca. Ademais de ensaios filosóficos, publicou algunha que outra novela e dirixiu varias películas.
As súas influencias filosóficas foron moi variadas, dado o seu interese polas cuestións máis dispares da filosofía, e van dende Sartre, Bergson ou Husserl, até Russell, Wittgenstein ou Whitehead, pasando por filósofos españois como Ortega y Gasset ou Xabier Zubiri.
Colleitou importantes triunfos académicos, pois foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona, a Universidade da República (Uruguai), a Universidade Nacional de Tucumán (Arxentina), a Universidade Nacional de Colombia, a UNED, a Universidade Nacional de Salta (Arxentina), a Universidade Nacional de Cuyo (Arxentina), a Universidade de Barcelona, e, a título póstumo, en 1991, pola USC. Igualmente, recibiu numerosos premios, entre os que destacan o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (en recoñecemento ao seu esforzo integrador dos mundos da comunicación e as humanidades e de esclarecemento e difusión das ideas filosóficas), a afamada Creu de Sant Jordi outorgada pola Generalitat de Catalunya, a Gran Cruz de Afonso X o Sabio ou a condecoración de Isabel a Católica.
O Diccionario de Filosofía, publicado por vez primeira en 1941, sufriu substanciosas reelaboracións e reedicións durante longos anos, pois pasaría de ocupar un único volume a constar de catro volumes. Este labor enciclopedista persoal será recollida pola Cátedra Josep Ferrater Mora de pensamento contemporáneo, dirixida por Josep María Terricabras, encargada de introducir novas entradas no dicionario, ampliándoo e actualizándoo, saíndo á luz unha nova edición en 1994 na editorial Ariel.
Nos seus últimos anos de vida, o seu interese centrouse na produción novelesca.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.