José Vicente Solarat López, nado na Rúa en 1956, é un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) A Rúa, España |
Alcalde da Rúa | |
agosto de 2001 – xuño de 2009 (dimisión) | |
Alcalde da Rúa | |
1991 – 1999 | |
Alcalde da Rúa | |
xaneiro de 1986 – 1987 | |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca |
Traxectoria
Licenciado en Dereito, foi administrativo dunha entidade bancaria. Militou na UCD. En 1983 foi elixido concelleiro na Rúa por Coalición Galega, sendo o primeiro tenente de alcalde. Trala dimisión do alcalde Cosme López, foi elixido novo alcalde na súa substitución en xaneiro de 1986. Tras pasar a formar parte de Centristas de Galicia, encabezou a coalición deste partido con Alianza Popular nas eleccións de 1987. Pese a se-lo candidato máis votado, perdeu a alcaldía ó apoiar os demais grupos ó candidato da CPG Emiliano Quiroga. En febreiro de 1990 foi nomeado Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Cesou como Director Xeral para encabeza-la candidatura de Centristas de Galicia á alcaldía da Rúa en 1991, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Trala integración de Centristas no PPdeG pasou a formar parte da organización conservadora. En 1995, tras designalo PPdeG o exalcalde Emiliano Quiroga como candidato á alcaldía, encabezou a formación independente Rueses Unidos Adiante (RUA) e volveu a ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En 1999 foi superado en votos polo PPdeG, polo que perdeu á alcaldía tras non chegar a acordos cos demais grupos.
Tralo falecemento en agosto de 2001 do entón alcalde popular, recuperou a alcaldía grazas a un pacto de goberno tripartito entre RUA, BNG e PSdeG. En 2003 revalidou a alcaldía, novamente grazas a un pacto entre RUA, PSdeG e BNG. En 2007 revalidou a alcaldía mediante un pacto co PSdeG-PSOE, mais a cambio de rotarse na alcaldía co candidato socialista Luis Fernández Gudiña, ó cal lle cedeu o bastón de mando en xuño de 2009.
En 2011 encabezou novamente o RUA, pasando a ser terceira forza política tralo PPdeG e o PSdeG. Se ben chegou a un acordo co PSdeG e o BNG para facilita-la reelección do socialista Luis Fernández Gudiña, a abstención do seu número 2, Fernando Rodríguez, facilitou a elección do candidato popular Avelino García Ferradal como alcalde. En 2015 non se presentou co RUA e retirouse da primeira liña política tras 32 anos[1]. Afirmou colaborar con Ciudadanos dende 2014, sendo simpatizante da formación.[1]
En 2019 regresou á primeira liña política encabezando novamente o RUA, logrando 2 concelleiros e sendo chave de goberno. Facilitoulle ó PPdeG a alcaldía grazas á súa abstención, e posteriormente estableceu un pacto de goberno cos populares, sendo tenente de alcalde. En 2023 encabezou novamente o RUA e mantivo os 2 concelleiros da outra ocasión, e sendo novamente chave de goberno. Nesta ocasión chegou a un acordo de goberno co BNG e o PSdeG que fixo alcaldesa á nacionalista María González Albert, polo cal pasou a ser segundo tenente de alcalde.
Predecesor: Cosme López Rodríguez |
Alcalde da Rúa 1986 - 1987 |
Sucesor: Emiliano Quiroga Galloso |
Predecesor: Emiliano Quiroga Galloso |
Alcalde da Rúa 1991 - 1999 |
Sucesor: José Antonio Míguez Freire |
Predecesor: José Antonio Míguez Freire |
Alcalde da Rúa 2001 - 2009 |
Sucesor: Luis Fernández Gudiña |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.