José Veloso Mayo, coñecido como Trotsky, nado en Muros cara a 1886, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1886 Muros |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Muros | |
1936 – 1936 (destitución) ← Manuel Tobío Romaní | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , carpinteiro |
Partido político | Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua galega |
Cronoloxía | |
26 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936 | evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa |
Traxectoria
Veciño de Esteiro e carpinteiro. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Muros e cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde interino de Muros. Logrou fuxir a Bilbao nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa.
Combateu no exército republicano. Foi detido en Santander. Prisioneiro de guerra, foi enviado ao Batallón de Traballadores número 26. Xulgado na Coruña por rebelión, fora declarado en rebeldía, e ao ser detido retómase o seu procesamento, sendo condenado á pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua, que finalmente quedou reducida a 12 anos de reclusión menor. Cumpriu condena nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares onde lle foi concedida a liberdade provisional sen a liberación do desterro en 1943.[1]
Predecesor: Manuel Tobío Romaní |
Alcalde de Muros 1936 |
Sucesor: Adolfo del Sel Portillo |
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.