político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Miguel Alonso Pumar, nado en Cariño en 1976,[1] é un político galego do PSG-PSOE, exalcalde de Cariño.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) Cariño, España |
Alcalde de Cariño | |
2015 – 2023 ← Maria Purificación Seixido Gómez – Ana María López Fernández → | |
Actividade | |
Ocupación | político, psicólogo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Residencias e Atención ás Persoas Maiores pola Universidade da Coruña.
Afiliado ao PSdeG-PSOE dende 2005, formou parte da candidatura socialista ás eleccións autonómicas 2012.[2] Foi responsable de Medio Ambiente na Executiva Provincial Socialista da Coruña (2012-2014), Vicesecretario Xeral de Coordinación Institucional no mesmo órgano (2018-2022) e actualmente é membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG obstentando responsabilidades dentro da Área de Política Municipal. Formou parte do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE no período 2012-2020.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cariño, sendo a lista máis votada e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 2019 revalidou o cargo con maioría absoluta, desta volta acadando 7 concelleiros. dun total de 11, o que supón o mellor resultado histórico do PSdeG en Cariño.[3][4] En novembro de 2019 foi proposto polo PSdeG-PSOE como membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias para o período 2019-2023, ocupando o cargo de voceiro.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.