político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jon Gondán Cabrera, nado en Pamplona o 31 de xullo de 1991 é un político navarro, militante de Geroa Bai. É o alcalde de Zizur Nagusia (Navarra) dende o 13 de xuño de 2015.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1991 (33 anos) Pamplona, España |
Alcalde de Zizur Mayor | |
2015 – ← Luis María Iriarte Larumbe (en) | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Geroa Bai |
Nas eleccións municipais de 2011, Jon Gondán ocupou o segundo lugar na candidatura de Nafarroa Bai ó concello de Zizur Nagusia, resultando elixido concelleiro en devanditos comicios. En novembro de 2012, trala división interna da coalición, Gondán fíxose coa portavocía e do liderado do grupo municipal.
Foi elixido candidato de Geroa Bai á alcaldía zizurtarra nas primarias celebradas o 3 de outubro de 2011, co 100% dos votos.[1]
Nas eleccións do 24 de maio de 2015, Geroa Bai logra 1.650 votos e colócase como segunda forza, a 333 papeletas da primeira, UPN. Este resultado, fai posible que o 13 de xuño de 2015, na sesión de investidura, fóra elixido novo alcalde de Zizur Nagusia en substitución de Luis María Iriarte Larumbe grazas ós 4 votos do seu grupo, 4 de EH Bildu, 2 de Zizur Unido (EU e Podemos) e AS Zizur.[2]
Gondán é o alcalde de Zizur Nagusia máis novo da historia e de Navarra durante ese mandato.
É reelixido candidato á alcaldía para as eleccións do 26 de maio de 2019, sendo Geroa Bai, novamente, segunda forza política, incrementando os seus votos até un total de 2.000, traducíndose en catro concelleiros. Os seus socios de goberno perden representación, pero grazas a un acordo con EHBildu (3) e a candidatura AS Zizur (2), logra a maioría na sesión de investidura, logrando revalidar a alcaldía.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.