From Wikipedia, the free encyclopedia
Jon Bojer Godal, nado en 1937 en Telemark, é artesán e un estudoso noruegués especializado na cultura tradicional nórdica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1937 (87 anos) Rauland Municipaity, Noruega (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Noruega |
Actividade | |
Ocupación | escritor , Norwegian public servant (en) , director de escola , silvicultor |
Familia | |
Irmáns | Ingvald Godal (en) , Tore Godal (en) e Ellen Nordstoga (en) |
Vén focalizando o seu traballo nos usos da madeira en vivendas e embarcacións, e na carpintería de ribeira e as técnicas de navegación das embarcacións tradicionais.
Estudou na Escola superior de enxeñaría agrícola de Noruega (Norges Landbrukshøgskole). Foi director e profesor de cultura mariñeira na Escola superior popular de Rissa (Fosen Folkehøgskole i Rissa). Está rexistrado como artesán oficial do museo etnográfico de Maihaugen en Noruega.
Ten publicado traballos sobre usos dos materiais tradicionais. A súa obra máis extensa son os catro volumes sobre embarcacións dos fiordes (Åfjordbåt) e embarcacións das rexións do norte (Nordlandsbåt), que escribiu xunto con Gunnar Eldjarn.
Está interesado nas relacións entre as embarcacións nórdicas como o Geitbåt (o barco "cabuxa") e as dornas galegas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.