![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d3/John_Zorn%252C_Newport_Jazz_Festival_2014.jpg/640px-John_Zorn%252C_Newport_Jazz_Festival_2014.jpg&w=640&q=50)
John Zorn
compositor e saxofonista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
John Zorn, nado o 2 de setembro de 1953 en Queens (Nova York), é un compositor e saxofonista estadounidense.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1953 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Dekoboko Hajime ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Webster University (en) ![]() United Nations International School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Jazz, Vangardas, klezmer (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | compositor , Pianista de jazz , saxofonista de jazz (pt) ![]() ![]() ![]() |
Período de actividade | 1973 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz de vangarda ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Saxofón e saxofón alto ![]() |
Selo discográfico | Tzadik Records (en) ![]() Elektra Records ![]() |
Compañeiro profesional | Milford Graves (pt) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
Páxina web | tzadik.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/John_zorn_masada.jpg/640px-John_zorn_masada.jpg)
Ten asimilado multitude de influencias, sempre con predilección pola escena underground e as propostas extremas e arriscadas. É o dono do selo discográfico Tzadik, inaugurado en 1995, a través do que edita os seus discos, levando xa máis de cen ás costas.
Traballou en múltiples proxectos, a cada cal máis arriscado. Masada é un deles, un grupo de jazz con influencias moi variadas, abertos á improvisación. Editaron máis de dez discos de estudio e outros en directo. Tamén traballou no mundo das bandas sonoras, levando xa editados 17 discos do seu proxecto Filmworks, nos que recompila eses temas. Gravou tamén discos en solitario e múltiples experimentos musicais para debuxos animados, programacións imposibles, sons abstractos, pezas de cámara, concertos para piano e un sinfín de ideas desenvolvidas xunto a diversos músicos.
Antes de comezar co saxofón e coa composición aprendera a tocar outros instrumentos. O seu método compositivo consiste en crear diversas imaxes e momentos musicais que logo son estruturados e ordenados. É un dos máximos expoñentes da música noise, un estilo collage que fusiona o free, sons electrónicos, efectos, voces deformadas etc. Zorn introduciuse no jazz levado pola súa paixón cara a música contemporánea e tras escoitar a xente como John Cage ou Stockhausen. Na súa música hai tamén influencias de Ennio Morricone e outros compositores de bandas sonoras, reminiscencias da cultura xudía e inspiración en músicos e compositores como Harry Partch ou Charles Ives.