From Wikipedia, the free encyclopedia
John Frederick William Herschel, nado o 7 de marzo de 1792 e finado o 11 de maio de 1871, foi un matemático, astrónomo, químico e fotógrafo experimental inglés, fillo do astrónomo William Herschel.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
John Herschel popularizou o uso da data xuliana en astronomía e contribuíu na mellora dos procesos fotográficos (Cyanotypo). Acuñou os termos "fotografía", "negativo", "positivo", e descubriu o uso do tiosulfato de sodio como fixador dos sales de prata. Tamén informou a Louis Daguerre de que o seu propio descubrimento do hiposulfato de sosa fixaría as súas fotografías facéndoas permanentes.
Herschel naceu en Slough, Buckinghamshire, e estudou en Eton College e St John's College, Cambridge. Graduouse coa máxima puntuación en 1823. Durante a súa etapa de estudante fíxose amigo de Charles Babbage e George Peacock; precisamente foi a corrección de erros sistemáticos en táboas astronómicas, tarefa na que traballaron ambos, as que animaron a Babbage a construír unha máquina automática de cómputo que eliminase o traballo humano a suxestión súa.
Empezou coa astronomía en 1816, cando construíu un telescopio reflector cun espello de 45,72 cm de diámetro e 6,096 metros de longo. Entre 1821 e 1823 reexaminou, xunto con James South, as estrelas binarias catalogadas polo seu pai. Por este traballo logrou en 1826 a Medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica (volvería a gañala en 1836); e a medalla Landale do Instituto de Francia en 1825; a Royal Society outorgoulle ademais a Medalla Copley polas súas contribucións matemáticas. Foi nomeado Sir en 1831.
En 1833 Herschel viaxou coa súa muller a Suráfrica para catalogar as estrelas, nebulosas e outros corpos celestes visibles dende o hemisferio sur. Pretendía completar a clasificación dos ceos do norte iniciada polo seu pai e continuada por el mesmo. Chegou a Cidade do Cabo o 15 de xaneiro de 1834. Entre as súas observacións atopábase a volta do Cometa Halley.
Porén, ademais do seu traballo astronómico, esta viaxe a unha remota zona do Imperio Británico tamén lle proporcionou un escape das presións ás que se atopaba sometido en Londres, onde era un dos máis buscados científicos de Inglaterra. Durante a súa estancia en Suráfrica, embarcaríase nunha ampla variedade de buscas científicas liberado do sentimento de obriga cara a unha comunidade. De feito foi, como máis tarde afirmaría, a época máis feliz da súa vida.
Herschel combinou o seu talento co da súa muller Margaret, e entre 1834 e 1838 produciron 131 ilustracións botánicas de gran calidade, amosando a flora da zona. John Herschel usou unha cámara lúcida para obter contornas precisas dos espécimes e deixou os detalles para a súa esposa. A pesar de que a súa intención era unicamente a de ter un rexistro persoal, e a pesar da falta de diseccións da flora nos seus debuxos, a súa gran precisión fainos máis valiosos que outras coleccións contemporáneas.
Como fogar durante a súa estancia en Cidade do Cabo elixiran unha antiga propiedade rústica na cara sueste da montaña Table, chamada "Feldhausen". Alí instalou o seu reflector para observar os ceos do sur. Intrigado polas ideas de formación gradual de paisaxes aparecidas no libro de Charles Lyell Principles of Geology, escribiu a Lyell o 20 de febreiro de 1836 eloxiando o libro como unha obra que traería "unha completa revolución á súa materia, alterando enteiramente o punto de vista dende o que ata entón se contemplara" e abrindo o camiño para unha audaz especulación sobre "o misterio dos misterios, a substitución de especies extintas por outras".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.