matemático e astrónomo británico From Wikipedia, the free encyclopedia
John Couch Adams, nado en Laneast, Cornualla, en 1819 e finado en Cambridge en 1892, foi un matemático e astrónomo británico.
En setembro de 1845 predixo a existencia de Neptuno usando tan só cálculos matemáticos, cos que pretendía explicar as discrepancias entre a órbita de Urano e as leis de Kepler e Newton. Ao mesmo tempo, pero sen relación, eses cálculos foron feitos por Urbain Le Verrier.
Foi director do observatorio de Cambridge dende 1861 ata a súa morte. Estudou as Leónidas en 1866, concluíndo que a órbita da choiva de estrelas é semellante á dos cometas e estudou tamén os movementos lunares e o magnetismo terrestre.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Couch Adams |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.