físico sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Johannes (Janne) Robert Rydberg (|ˈryːdˌbærj|), nado en Halmstad o 8 de novembro de 1854 e finado en Lund o 28 de decembro de 1919 foi un físico sueco, coñecido principalmente por desenvolver a fórmula de Rydberg en 1888, que se emprega para describir as lonxitudes de onda dos fotóns emitidos por cambios no nivel de enerxía dun electrón nun átomo de hidróxeno.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Johannes Robert Rydberg 8 de novembro de 1854 Halmstad, Suecia |
Morte | 28 de decembro de 1919 (65 anos) parroquia da catedral de Lund, Suecia |
Lugar de sepultura | cemiterio do norte de Lund 55°42′57″N 13°11′29″L |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Educación | Universidade de Lund |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico , profesor universitario , matemático |
Empregador | Universidade de Lund (1880–1915) |
Membro de | |
Lingua | Lingua sueca |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios
|
Rydberg naceu no sur de Suecia, fillo único de Sven Rydberg e Maria Anderson Rydberg. Cando tiña catro anos faleceu o seu pai, e a familia viuse obrigada a vivir cun pequeno salario. En 1873 graduouse no Halmstads elementärläroverk, onde recibiu notas altas en matemáticas e física. Máis tarde entrou na universidade de Lund e dous anos máis tarde logrou o seu grao. En 1879 recibiu o seu doutoramento coa disertación "Konstruktioner af kägelsnitt i 3- och 4-punktskontakt".[1]
Rydberg comezou a súa carreira como amanuensis na institución. Converteuse en profesor de matemáticas en 1880, e en 1882 converteuse en profesor de física. Nese tempo comezou a estudar a masa atómica estándar, porque se preguntaba cal era a razón do incremento aparentemente aleatorio na masa dos átomos na táboa periódica de Mendeleiev. Procurou unha fórmula durante varios anos sen conseguilo.[2]
O seu seguinte traballo foi investigado o espectro atómico, explicando por que ocorrían.[2] As investigacións de Rydberg foron precedidas polas de Johann Jakob Balmer, que presentou unha fórmula empírica para as liñas espectrais visibles do átomo de hidróxeno en 1885.[3] Non obstante, a investigación de Rydberg levouno a publicar unha fórmula en 1888 que podía ser empregada para describir as liñas espectrais non só do hidróxeno, senón tamén doutros elementos. Trala súa publicación en 1890 sobre a materia,[4] Rydberg volveu á súa investigación sen froito sobre a táboa periódica.[5]
Rydberg presentouse para ser profesor en 1897, mais a pesar das recomendacións dos expertos na materia foi rexeitado. Porén, converteuse en profesor extraordinario. Non foi ata 1909 cando foi ascendido a profesor.[6] Para gañar cartos extra traballou a tempo parcial como examinador numérico no Sparbanken de Lund dende 1891 e como actuario en Malmö dende 1905.[7]
En 1913, Rydberg púxose enfermo e viuse obrigado a rebaixar o seu ritmo de investigación, e en 1915 tivo que abandonalas a causa da súa doenza.[8] Morreu o 28 de decembro de 1919 no hospital de Lund e foi sucedido polo seu alumno Manne Siegbahn.[9][10] Rydberg está enterrado no cemiterio do norte de Lund, e foi sobrevivido pola súa esposa Lydia Carlsson (1856-1925), o seu fillo Helge Rydberg (1887-1968) e a súa filla Gerda Rydberg (1891-1983).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.