From Wikipedia, the free encyclopedia
Johannes Peter Müller, nado en Coblenza o 14 de xullo de 1801 e finado en Berlín o 28 de abril de 1858, foi un médico, anatomista e fisiólogo alemán que realizou moi importantes achegas nos campos da fisioloxía, a neurobioloxía, a embrioloxía e a zooloxía.
Müller naceu o 14 de xullo de 1801 en Coblenza, daquela capital do departamento de Rin e Mosela, do Imperio Napoleónico (1804–1815). En 1819, xa integrado o territorio no Reino de Prusia despois do Tratado de Versalles, entrou na Universidade de Bonn, onde cursou medicina, converténdose en Privatdozent en 1824, profesor extraordinario de fisioloxía en 1826 e profesor ordinario en 1830. En 1833 obtivo a cátedra de anatomía e fisioloxía da Universidade Humboldt de Berlín, onde permaneceu até a súa morte.
A achegas de Müller á fisioloxía foron múltiplas, destacando o seu estudo da voz, a fala e o oído, así como das propiedades físico-químicas do sistema linfático, o quilo e o sangue.
O seu libro de texto Handbuch der Physiologie des Menschen (1833 - 1840) marcou o inicio dun novo período no estudo da fisioloxía. Por primeira vez, os resultados da anatomía comparada en humanos, así como da química e outras ciencias naturais, uníanse na investigación de problemas fisiolóxicos. A parte máis importante deste traballo estaba dedicada á acción nerviosa e aos mecanismos sensitivos. Nela, Müller estableceu por primeira vez o principio segundo o cal o tipo de sensación que segue a un estímulo non depende do modo de estimulación, senón da natureza do órgano sensitivo. Deste modo, a luz, a presión ou a estimulación mecánica que actúan sobre a retina e o nervio óptico producen invariabelmente impresións luminosas.
No campo da fisioloxía dos sentidos, Müller, en 1820, formulou a teoría da enerxía específica dos nervios, na que afirmaba que cada sensación estaba determinada pola actividade específica dos nervios sensoriais que lle servían de medio de transmisión, independentemente de cal fora o estímulo que causara esa actividade. Esta idea da psicofísica, porén, demostrouse que era incorrecta.
Na última etapa da súa vida académica, Müller dedicouse á anatomía comparada, especialmente dos peixes e os invertebrados mariños. Müller foi un gran defensor da teoría vertebral do cranio, apoiándose nas súas observacións embriolóxicas.
As súas ensinanzas exerceron unha grande influencia sobre numerosos científicos célebres como:
A abreviatura J. P. Müller emprégase para reccoñecer a Johannes Peter Müller como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Predecesor: Heinrich Wilhelm Dove |
Medalla Copley 1854 |
Sucesor: Jean Bernard Léon Foucault |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johannes Peter Müller |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johannes Peter Müller |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.