médico, naturalista e taxónomo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Julius Walbaum nado en Wolfenbüttel (Baixa Saxonia, Alemaña) o 30 de xuño de 1724 e finado o 21 de agosto de 1799 en Lübeck, foi un médico, naturalista e taxónomo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1724 Wolfenbüttel |
Morte | 21 de agosto de 1799 (75 anos) Lübeck |
Actividade | |
Lugar de traballo | Gotinga Lübeck |
Ocupación | médico , zoólogo , naturalista , ictiólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Walbaum |
En Lübeck instituíu un gran gabinete de curiosidades e deuse a coñecer polas súas publicacións sobre os peixes e as tartarugas.
Foi o primeiro en describir moitas especies previamente descoñecidas de lugares remotos do planeta, tales como a barracuda (Sphyraena barracuda), salmón "Chum" (Oncorhynchus keta) do río Kamchatka en Siberia, e o curimatá-pacú (Prochilodus marggravii) do río São Francisco no Brasil.
Ademais foi o primeiro en observar a acción preventiva da utilización de luvas contra as infeccións durante a cirurxía médica (aquelas luvas estaban feitas co cego de ovellas en vez de caucho, material que aínda non fora descuberto).
O Museo de Historia Natural de Lübeck (Museum für Natur und Umwelt Lübeck), aberto en 1893, foi dotado inicialmente coa extensa colección científica de Walbaum.
En ictioloxía, a súa principal contribución foi a reedición do libro de Peter Artedi (1705-1735), que presenta todas as especies de peixes coñecidas na época, aumentadas por unha bibliografía posta ao día por Walbaum.[1] Describiu 200 novas especies, 43 das cales seguen a ser válidas até hoxe, segundo os criterios de Carl von Linné (entre elas, Sardina pilchardus a popular sardiña). Renomeou moitas especies creadas por Johann David Schöpf (1752-1800), Georg Wilhelm Steller (1709-1746), Thomás Pennant (1726-1798) e Stephan Petrovich Krascheninnikov (1713-1755).
Esta edición foi severamente criticada por Georges Cuvier (1769-1832) [2]. Pero a obra foi reavaliada posteriormente por Theodore Nicholas Gill (1837-1914) [3] que recoñeceu o seu interese especialmente polas descricións de diversos xéneros descritos por outros autores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.