From Wikipedia, the free encyclopedia
Johan Ferrández d'Heredia, nado en Munébrega cara a 1310 e finado en Avignon en 1396, foi un escritor, mecenas, político e diplomático ao servizo de Pedro IV de Aragón e gran mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1310 (Gregoriano) Munébrega (Reino de Aragón) |
Morte | 1396 (Gregoriano) (85/86 anos) Aviñón |
Grand Master of Order of Saint John of Jerusalem (en) Ordem de São João (pt) | |
1379 – 1396 ← Robert de Juilly (pt) – Riccardo Caracciolo (en) → | |
Gran Prior de Catalunya (en) Priory of Catalunya (en) | |
1372 – 1379 | |
Chatelaine of Amposta (en) castellany of Amposta (en) | |
1346 – 1379 ← Sanç d'Aragó (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Aragón |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Caspe Palace of Zuda (en) |
Ocupación | monge guerreiro (pt) , freire (pt) |
Lingua | Aragonés medieval, lingua latina e medieval Aragonese of the Aragonese communities (en) |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral almirante |
Conflito | Guerra dos Cen Anos |
Orde relixiosa | Ordem de São João (pt) |
Outro | |
Título | Príncipe do Sacro Império Romano-Germânico (pt) |
Irmáns | Blasco Fernández de Heredia (en) |
Membro da nobreza, seu pai fora lugartenente do mordomo da infanta Leonor. Casou dúas veces e tras a morte da súa segunda esposa entrou na orde do Hospital, en 1345 accedeu a castelanía de Amposta, a máis alta dignidade da orde na Coroa de Aragón. En 1356 aséntase en Aviñón, chegando a ser gobernador da cidade gañándose o favor dos diferentes papas. En 1376 acompañou ao papa Gregorio XI a Roma preludiando a fin da etapa papal de Aviñón. O 24 de setembro de 1377 foi investido Gran Mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén. En 1377 preparou unha expedición militar contra Morea pero foi capturado no golfo de Arta e vendido aos turcos que o liberan tras o pago dun importante rescate.
Johan Ferrández d'Heredia foi un home culto, amigo de reis e papas, cunha grande inquietude cultural e como fixera Afonso X de Castela organizou unha escola de tradutores en Aviñón para traducir a unha lingua vulgar obras clásicas así como realizar un labor historiográfico, a lingua que se utilizou foi a propia de Johan, o aragonés, por veces nunha forma moi pura pero outras moi castelanizado, quizais polo traballo dos copistas non aragoneses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.