Joan Salvat-Papasseit
poeta español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Salvat-Papasseit, nado en Barcelona o 16 de maio de 1894 e finado na mesma vila o 7 de agosto de 1924, foi un poeta catalán, máximo representante do futurismo na literatura catalá.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Estatua no Moll de la Fusta, onde traballou de vixilante nocturno. A escultura, de Robert Krier, inclúe unha placa co seu poema "Nocturn per a acordió". | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1894 Barcelona, Cataluña |
Morte | 7 de agosto de 1924 (30 anos) Barcelona, Cataluña |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc, via Sant Jordi 7, columbari B, número 563 41°21′20″N 2°09′26″L |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Autodidacta sen estudos regulares. |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , xornalista |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Familia | |
Cónxuxe | Carme Eleuterio i Ferrer |
Pechar
Coñecido como poeta de vangarda, desenvolveu tamén unha grande actividade como redactor de artigos de crítica social en castelán e catalán, en simpatía coas correntes anarquistas e socialistas da época. O seu estilo enérxico e impulsivo contrasta coa súa vida rutineira e de repouso por mor da súa precaria saúde, de feito morreu de tuberculose con 30 anos.
A súa vida mantívose esquecida durante anos, popularizándose a partir da década de 1960 grazas sobre todo aos artistas da Nova Cançó.