![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Jesse_L._Brown_1948.jpg/640px-Jesse_L._Brown_1948.jpg&w=640&q=50)
Jesse L. Brown
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesse LeRoy Brown, nado en Hattiesburg, Mississippi, Estados Unidos o 13 de outubro de 1926 e finado na batalla do encoro de Chosin, Corea do Norte, o 4 de decembro de 1950, foi o primeiro aviador naval afroamericano na Armada dos Estados Unidos. Recibiu a Cruz de Voo Distinguido e foi o primeiro oficial de mariña caído en combate na guerra de Corea, polo que recibiu a condecoración Corazón Púrpura a título póstumo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1926 ![]() Hattiesburg, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 4 de decembro de 1950 ![]() Changjin, Corea do Norte (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | hipotermia (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade Estatal de Ohio Eureka School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial , aviador ![]() |
Período de actividade | 1946 ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Estados Unidos de América ![]() |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América ![]() |
Rango militar | alferes (pt) ![]() ![]() |
Conflito | Guerra de Corea e Batalla do encoro de Chosin ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Naceu no seo dunha familia pobre de Mississippi. Graduouse co segundo mellor promedio da súa escola secundaria malia a segregación racial e obtivo un título universitario na Universidade Estatal de Ohio. Sentiu fascinación polos avións desde neno e alistouse na Armada dos Estados Unidos en 1946, converténdose en gardamariña Brown conseguiu as súas ás de piloto o 21 de outubro de 1948, logro do que a prensa da época fíxose amplo eco. En xaneiro de 1949 foi destinado ao Escuadrón n.° 32 de Caza e Ataque a bordo do portaavións USS Leyte, onde chegou a ser xefe de escuadrilla.
Ao comezo da Guerra de Corea incorporouse xunto á súa unidade ás forzas destinadas á zona de conflito, onde chegou en outubro de 1950. Brown, co grao de alférez de fragata, efectuou vinte misións de combate antes de que o seu avión fose alcanzado e estrelásese nunha remota montaña o 4 de decembro de 1950, cando realizaba unha misión de apoio ás tropas terrestres na batalla do encoro de Chosin. Faleceu a consecuencia das feridas a pesar dos esforzos do seu compañeiro Thomas J. Hudner, Jr., que de forma premeditada estrelou o seu propio avión nun intento de rescate.
Os logros de Brown nas forzas armadas dos Estados Unidos durante a época de segregación foron recollidos en varios libros. A fragata USS Jesse L. Brown foi bautizada na súa honra.