From Wikipedia, the free encyclopedia
Jennifer Love Hewitt, nada en Waco (Texas) o 21 de febreiro de 1979, é unha actriz, produtora de cine e televisión e cantante estadounidense.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1979 (45 anos) Waco, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
Residencia | Pacific Palisades (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Laurel Springs School (en) Abraham Lincoln High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión , bailarina , escritora , guionista , compositora de cancións , produtora de televisión , actriz de dobraxe , actriz , produtora , actriz de cinema , cantante , director de televisión |
Período de actividade | 1989 - |
Xénero artístico | Música pop, Soul e pop rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Atlantic Records Jive |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Brian Hallisay (2013–) |
Parella | Jamie Kennedy (pt) (2009–2010) John Mayer (2002–2002) |
|
Hewitt comezou a actuar de nena, aparecendo en anuncios de televisión e na serie de Disney Channel Kids Incorporated. Fíxose famoso na cultura popular adolescente polos seus papeis na serie da Fox Party of Five, como Sarah Reeves, e no filme I Know What You Did Last Summer e a súa secuela, dando vida a Julie James.
Como cantante, Hewitt asinou contratos con Atlantic Records e Jive Records.[1], o seu sinxelo máis exitoso no Billboard Hot 100 foi "How Do I Deal" de 1999, que chegou ao posto 59.[2].
Hewitt tamén foi produtora dalgúns dos seus filmes e proxectos de televisión[3] En 2010, Hewitt escribiu un libro de autoaxuda dedicado ás relacións sentimentais The Day I Shot Cupid. A súa interpretación de Melinda Gordon na serie da CBS Ghost Whisperer recibiu un Premio Saturn en 2007 e 2008 á mellor actriz de televisión.
Considerada unha das mulleres máis atractivas pola revista Maxim, que a declarou a muller máis sexy do mundo en 1999[4] e a máis sexy da televisión en 2008 segundo TV Guide.[5] goza de considerable atención nos medios de comunicación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.